PLAN DE FORMACIÓN NO XACOBEO 2021 - 2022
Accións formativas do Plan de formación no Xacobeo Comunidade Autónoma de Galicia dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas e xestionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade.
A formación será gratuíta para todo o alumnado participante nas accións formativas realizadas ao abeiro desta orde.


Persoas destinatarias da formación:
- As accións formativas obxecto de financiamento dirixiranse prioritariamente ás persoas traballadoras ocupadas.
- Terán a consideración de persoas traballadoras ocupadas tanto as persoas traballadoras ou socias da empresas da economía social que acheguen actividade económica como as persoas traballadoras autónomas.
- Para os efectos desta orde, terán a consideración de persoas traballadoras ocupadas as que resulten afectadas por medidas temporais de suspensión de contrato como consecuencia da aplicación dun expediente de regulación temporal de emprego (ERTE), ou dun expediente de regulación de emprego (ERE).
- Poderán participar nas referidas accións formativas as persoas traballadoras desempregadas até a porcentaxe máxima indicada na orde.
CARACTERÍSTICAS
- Todas a formación que forGA execute ao abeiro desta orde impartirase na modalidade PRESENCIAL na rede de centros forGA agás a impartición do módulo de formación sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e corresponsabilidade familiar e doméstica que inclúe cada acción formativa e que se impartirá na modalidade de TELEFORMACIÓN .
- Só se iniciaran os grupos que conten co número suficiente de persoas inscritas.
- A formación será gratuíta para todo o alumnado participante nas accións formativas realizadas ao abeiro desta orde.
PROCEDEMENTO
A continuación, indícase como proceder para facer efectiva a matrícula do curso:
- 1. Cubrir e enviar o formulario de solicitude de praza.
- 2. Coas solicitudes recibidas abrimos un proceso de selección e formación dos grupos en función das prazas dispoñibles.
- 3. Se resultas seleccionada/o un asesor/a de forGA contactará contigo para completar o trámite.