Quen somos ?
Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza.
A Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza (forGA) foi promovida por iniciativa da Confederación Intersindical Galega (CIG); organización coa que, hoxendía, colabora en diversos ámbitos: a formación, o emprego, a orientación, a investigación, etc.
A efectos da aplicación por asimilación da Lei de Contratos do Sector Público, forGA ten a condición de medio propio personificado en relación á CIG, para a realización de proxectos de formación, orientación e cualificación profesional para o emprego.
A súa constitución tivo lugar en Vigo, o 4 de xullo de 1996, publicándose no Diario Oficial de Galiza do 14 de outubro de 1996. Posteriormente, a organización fundacional foi reconhecida e declarada de interese galego, por Orde do 27 de novembro de 1996, publicada no Diario Oficial de Galiza do 16 de decembro, da Consellaría de Familia, Muller e Xuventude da Xunta de Galiza.
Anualmente, prográmanse e organízanse múltiplas accións formativas, a través de diversos planos e proxectos de formación, cooperación e investigación, co fin de ofertar e desenvolver uns servizos de cualidade, axeitados ás necesidades actuais e futuras do mercado laboral galego. No capítulo de instalacións, a forGA dispón dunha importante rede de Centros homologados de formación en toda Galiza. Tal rede está dotada e situada inmellorabelmente para abordar os novos desafíos da formación profesional para o emprego en Galiza.