Funcións e Normativa de Aplicación á Fundación
Normativa de aplicación ás actividades da fundación
A FORGA constituíuse o día 4 de Xulho de 1996, ao abeiro da Lei 7/1983 do 22 de Xunho, de réxime das fundacións de interese galego, a Lei 11/1991 do 8 de Novembro, que reforma a Lei anterior, polo regulamento que as desenvolve aprobado polo Decreto 248/1992 do 18 de xunho e por escritura autorizada polo Notario que foi de Vigo, Alfonso Emilio Rodríguez Sánchez, baixo o número 2.377 do seu protocolo.
Os artigos 3 e 4 dos Estatutos Sociais da Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvimento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza (FORGA), determinan os fins e actividades da fundación.
A FORGA foi clasificada como Fundación de interese social pola Conselharía da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galiza, a meio da Orde do 3 de outubro do 1996 (DOG nº 201, do 14 de Outubro de 1996) e declarada de interese galego pola Conselharía de Familia e promoción do emprego, Mulher e Xuventude da Xunta de Galiza, a meio da Orde do 27 de Novembro do 1996 (DOG nº 244, do 16 de decembro do 1996), figurando inscrita no rexistro de fundacións co número 1996/28.
Con data 21 de Novembro do 2002, a FORGA presentou na Delegación da Axencia Tributaria de Vigo o modelo 036 de Declaración Censual de modificación da actividade. A meio de tal declaración comunicouse á Administración Tributaria a condición de “ENTIDADE PARCIALMENTE EXENTA DO IMPOSTO DE SOCIEDADES”; abeirando, polo tanto, no réxime común fiscal previsto pola Lei 43/1995 de 27 de Decembro do IS, para entidades sen ánimo de lucro, así como pola Disposición Adicional 9ª da Lei de Fundacións 30/1994, de 24 de Novembro.
Uns días despois do 21/11/02, data na que a FORGA rexistrou a petición de modificación do seu réxime fiscal, publicouse a Lei 49/2002, de 23 de Decembro, do réxime fiscal da entidades sen fins lucrativos e dos incentivos ao mecenado e a Lei 50/2002, de 26 de Decembro de Fundacións.
O día 23 de Outubro do 2003, no BOE nº 254, publicouse o Real Decreto 1270/2003, de 10 de Outubro, polo que se aprobou o Regulamento pra aplicación do réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, de aplicación á fundación forGA.
O día 1 de Abril do 2004, publicouse no BOE, o Real Decreto Lexislativo 4/2004, do 5 de Marzo polo que se aprobou o Texto Refundido da Lei do Imposto de Sociedades, de aplicacións á fundación forGA.
O día 19 de Decembro do 2006, no DOG nº 242, publicouse a Lei 12/2006, do 1 de Decembro, de fundacións de interese galego, de aplicación á fundación forGA.
O día 20 de Novembro do 2007, no BOE nº 278, publicouse o Real Decreto 1514/2007, de 16 de Novembro, polo que se aprobou o Plano Xeral de Contabilidade, e o 24 de novembro de 2011, no BOE nº283, publicouse o Real Decreto 1491/2011, de 24 de outubro, polo que se aproban as normas de adaptación do PXC ás entidades sen fins lucrativos e o modelo de plano de actuación, de aplicación á fundación forGA.
Con data 11 de Decembro do 2007, a FORGA presentou nova Declaración Censual, perante a Delegación de Vigo da Axencia Tributaria, optando polo réxime fiscal especial do Título II da Lei 49/2002, do 23 de Decembro, das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado e, xa que logo, saíndo do ámbito de aplicación do réxime fiscal ordinario, previsto prás entidades sen ánimo de lucro polo artigo 120 (parcialmente exentas) do RDL 4/2004, de 5 de Marzo, no que se atopaba encadrada.
O día 2 de Febreiro do 2009, no DOG nº 22, publicouse o Decreto 14/2009 da Conselharía de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de 21 de xaneiro, polo que se aprobou o Regulamento de Fundacións de interese galego, de aplicación á fundación forGA.
O mesmo día 2 de Febreiro do 2009, no DOG nº 22, tamén se publicou o Decreto 15/2009 da Conselharía de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de 21 de xaneiro, polo que se aprobou o Regulamento de Rexistro de Fundacións de interese galego, de aplicación á fundación forGA.
O día 2 de Xulho do 2011, no BOE nº 157, publicouse o Real Decreto Lexislativo 1/2011 polo que se aprobou o Texto Refundido da Lei de Auditoría de Contas, de aplicación á fundación forGA.
O día 14 de Marzo do 2012 a Dirección da Fundación forGA aprobou o Procedimento Unificado pra Xestión dos Dereitos Laborais do Persoal da forGA, vixente na actualidade.
O día 26 de Marzo do 2013 o Comité Intercentros e a Dirección da Fundación forGA subscribiron o Acordo Colectivo Refundido para o Persoal ao Servizo da forGA, vixente na actualidade.
A Equipa de Dirección da forGA