Información Económica e Xurídica da Fundación
-
Contratos subscritos pola fundación con AAPP ou derivados de subvencións públicas
Non hai na actualidade.
-
Convenios subscritos pola fundación
Non hai na actualidade.
-
Relación de subvencións concedidas á fundación
ACCIÓNS FORMATIVAS DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO
Procedemento TR301K (persoas traballadoras desempregadas), convocatorias públicas para a execución das accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, para persoas traballadoras desempregadas xestionadas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (procedemento TR301K), a través dos seus departamentos territoriais.
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Orde do 8 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2025-2027 e se procede á primeira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, para persoas traballadoras desempregadas, para os anos 2025-2026 (DOG nº 130 do 9 de xullo de 2025)
Importe 995.789,85 €
ACTIVIDADES DE ORIENTACION LABORAL
Procedemento TR331A Subvencións a entidades para a contratación de persoal técnico de orientación laboral
Concesión de axudas e subvencións ás entidades que presten servizos de orientación laboral para a contratación de persoal técnico de orientación laboral, no ámbito da colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración coas entidades locais e entidades sen ánimo de lucro, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na mellora da empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2025 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro de 2025)
Importe 349.800 €
-
Orzamentos da fundación
Orzamentos 2026