Certificados de Profesionalidade
Un certificado de profesionalidade é un documento que acredita a un traballador ou traballadora nunha cualificación profesional do Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais.
Son emitidos polo Servicio Público de Emprego (SEPE) ou, no seu caso, polas Comunidades Autónomas, e teñen validez en todo o territorio.
Posuír un certificado de profesionalidade supón incrementar o teu curriculum profesional, xa que, ao ser un documento oficial, valórase en calquer proceso de selección que convoquen as Administracións Públicas, e acredítate profesionalmente ante a empresa privada.
Requisitos de acceso á formación certificados profesionalidade: PDF
Guías de Obtención de Titulacións de FP a partires da experiencia profesional:
A finalidade consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación, así como acreditar as competencias profesionais adquiridas polas persoas traballadoras e contribuír así á capitalización dos seus saberes e ao fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida.
- Familia Electricidade e Electrónica - Titulación FP Experiencia Profesional [PDF]
- Familia Enerxía e Auga - Titulación FP Experiencia Profesional [PDF]
- Familia Instalación e Mantemento - Titulación FP Experiencia Profesional [PDF]
- Familia Servizos Socioculturais e á Comunidade - Titulación FP Experiencia Profesional [PDF]
Trámites obter a Expedición dun Certificado de Profesionalidade: PDF