Certificado da Lingua Galega

CELGA é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas.

Configurado mediante cinco niveis de coñecemento do idioma, recolle as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas e agrupa os contidos en tres bloques:

  • Lingua e comunicación: funcións comunicativas
  • Lingua e sistema: coñecemento do código
  • Lingua, cultura e sociedade: contidos socioculturais

Os Celga permiten certificar o coñecemento que unha persoa ten do galego para os efectos de xustificar méritos ou requisitos laborais e académicos.

Os certificados obtéñense mediante un exame convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Tamén é posible obter a validación Celga dos estudos previos de galego.

→ Máis información en: http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga

→ Convocatorias: http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias

forGA