Xestión de Fondos Estruturais e de Inversión Europeos: FEDER e FSE
Introdución:
A fundación forGA foi beneficiaria de fondos Estruturais e de Inversión Europeos (EIE): fondos FEDER e FSE, en novembro de 2017, para desenvolver formación ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2017 e 2018, procedemento TR301U.
Descrición da Operación:
A subvención que lle foi concedida por importe de 45.700,20 € está cofinanciada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo, e con cargo á Iniciativa de Emprego xuvenil nunha porcentaxe do 91.98% dentro do Programa Operativo de emprego xuvenil, no eixo prioritario 5, prioridade de investimento 8.2, obxectivo específico 8.2.2 e medida 8.2.2.7.
Obxectivo Temático:
Reforzar a empregabilidade das competencias profesionais das persoas novas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación e formación, á Integración sustentable no mercado de traballo das persoas novas que non estean empregadas nin participen en actividades de educación nin formación, así como as persoas novas que corren o risco de sufrir exclusión social e mais os/as procedentes de comunidades marxinadas, en particular no contexto da garantía xuvenil, ao obxecto de contribuír ao Obxectivo Temático 8 :Promover a sustentabilidade e a calidade do emprego e favorecer a mobilidade laboral; todo isto a través da Medida 8.2.2.7 “Accións formativas de Certificados de Profesionalidade”.
Obxectivo Específico:
Dentro do obxectivo específico 8.2.2 destaca o obxectivo específico de reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas novas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación co obxectivo último de acadar os seguintes resultados:
1. Lograr a mellora directa da empregabilidade das persoas novas mediante a adquisición das aptitudes e competencias necesarias, de forma que sexa posible a súa incorporación ao mercado laboral de forma estable e duradeira no tempo.
2. Aumentar o nivel de formación das persoas novas que abandonaron os estudos a unha idade temperá para a incorporación ao mercado de traballo e que, unha vez perdido o posto de traballo, non atopan oportunidades laborais, potenciando especialmente o aumento de colectivo con niveis medios de formación.
3. Conseguir a reconversión e a reciclaxe das persoas novas con niveis de formación elevados pero non axeitados ás necesidades do mercado laboral.
4. Poñer en marcha programas de mobilidade tanto nacionais como europeos que contribúan á mellora da formación e a empregabilidade das persoas novas.
Medida que se desenvolve:
Impartir o certificado de profesionalidade:
SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais de 450 horas máis 18 horas dos módulos transversais de “Formación para a igualdade” de 8 horas e “Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero” de 10 horas.
A medida se leva a cabo desde o día 05/02/2018 e se dará por finalizada o 18/06/2018.
Formarase a un grupo de 15 participantes que deben estar inscritos no Ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil.
Resultados:
Espérase con esta medida, acadar a inserción e/ou reinserción laboral das persoas inscritas no Ficheiro de garantía xuvenil naqueles empregos que require o sistema produtivo.