Vigo:  986 28 07 76    986 28 09 31 Compostela:  981 93 94 34   forga@forga.org contacto
  • Comisión de Igualdade

FORMACIÓN SUBVENCIONADA: CURSOS AFD 2017/18 forGA

Achegamos a listaxe de cursos e datas** por centro.

Diríxete a túa oficina de emprego para solicitalo con forGA

https://forga.gal/formacion/subvencionada
** As datas poden sufrir modificacións

Non existen artigos actualmente.

Xornal Dixital

A CIG non descarta convocar unha nova Folga Xeral antes do verán de aprobar o PP novos recortes

A central nacionalista entende que a intención do PP de aprobar novos recortes (abaratar despedimento, non revalorizar pensións,...) e medidas contra a maioría social esixen unha resposta contundente a través da mobilización, "sen descartar a convocatoria dunha folga xeral antes do verán”, sinalou Suso Seixo, secretario xeral do sindicato

 

Ler máis...

Prepárate coa forGA para as probas de Competencias Clave convocadas pola Xunta de Galiza

É necesario superar estas probas para poder optar aos Certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, no caso de non ter os requisitos formativos e profesionais requiridos

Convocadas probas de avaliación sobre Competencias Clavepara acceder ás accións formativas dos novos Certificados de Profesionalidade de Nivel 2 e 3 (DOG 19 abril 2013).Consulta o calendario oficial.

A forGA ofréceche a formación que precisas para superar estas probas, a través da súa Oferta Non Subvencionadapara a afiliación da CIG, cunhas condicións económicas vantaxosas.

Ler máis...

Probas libres para a obtención dos títulos de Técnico e Técnico Superior de Formación Profesional en Galiza.

Prazo de solicitudes do 19 ao 30 de abril, ata as 13:00 horas.
 
Vén de publicarse no Diario Oficial de Galiza (DOG 16 de Abril do 2013) a Orde pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e técnico superior de ciclos formativos de formación profesional

Ler máis...

Comisión de Igualdade da forGA

A Comisión de Igualdade é a estrutura competente para desenvolver o compromiso que desde a FUNDACIÓN PARA A ORIENTACION PROFESIONAL, A INVESTIGACION E O DESENVOLVEMENTO TECNOLOXICO, O EMPREGO E A FORMACION EN GALIZA (forGA) se asumiu.

Dende o 26 de decembro de 2011 está constituída a Comisión de Igualdade da forGA, cuxo obxectivo principal é a introdución progresiva da perspectiva de xénero na Fundación e polo tanto, o desenvolvemento de políticas de igualdade. É ademais o organismo que está a realizar a diagnose, planificación, supervisión e avaliación sobre as medidas e accións concretas que se inclúan no Plan de Igualdade de Oportunidades.

Ler máis...