Igualdade e prevención do acoso

En forGA estamos comprometidos coa igualdade efectiva de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, así como coa creación dunha contorna laboral segura, respectuosa e libre de calquera forma de discriminación ou violencia.

En cumprimento da normativa vixente en materia de igualdade e prevención de riscos laborais, poñemos a disposición pública o noso Plan de Igualdade, onde se recollen as medidas e obxectivos que guían a nosa xestión interna, xunto co Protocolo de prevención e actuación fronte ao acoso sexual e por razón de sexo, que establece as canles confidenciais e os procedementos de intervención ante calquera posible conduta inadecuada.

A Equipa de Dirección da forGA

Portada Plan de Igualdade

Plan de Igualdade e Protocolo de Prevención do Acoso Laboral (11,5 MB)

Descarga

forGA