Canle interna de denuncias
Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza.
A Canle interna da fundación forGA, é unha canle para a presentación de comunicación de accións ou omisións que poidan constituír infraccións do dereito da Unión Europea, ou que poidan ser constitutivas de infracción penal ou administrativa grave ou moi grave (artigo 2 da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción), sempre que os feitos sobre os que se informe, se obtivesen nun contexto laboral ou profesional (artigo 3 da referida Lei).
No caso de que a información que vostede desexa comunicar, se obtivese nun contexto distinto do laboral ou profesional con esta entidade, debe comunicala ao Ministerio Fiscal, á Fiscalía Europea ou á correspondente autoridade administrativa, segundo proceda.
Se ten vostede algunha relación laboral ou profesional coa fundación forGA no seo da cal obtivese información obxecto de comunicación pode acceder á canle na seguinte ligazón: