Vigo:  986 28 07 76    986 28 09 31 Compostela:  981 93 94 34   forga@forga.org contacto
  • Comisión de Igualdade

Xornadas e Congresos

Seminario Xestión Ambiental

Este Seminario está dividido en tres partes: A nova regulación da certificación enerxética de edificios existentes, os criterios para a mellora da certificación dun edificio e  o traslado da experiencia de varios casos prácticos de certificación dos edificios públicos da Xunta e do edificio CITEXI en Vigo.

Ler máis...

III Foro sobre pobreza, exclusión, terceiro sector e voluntariado

Este foro, na liña de edicións anteriores, está orientado a facer unha análise da realidade da pobreza e da exclusión social na Galiza e posicionar as súas reflexións e conclusións no debate político e mediático.

Ler máis...

XXXI Encontros Internacionais da Xuventude KBUÑS2013

A 31 edición dos Encontros Internacionais da Xuventude de Cabueñes tivo lugar do 19 ao 22 de setembro no Centro de Cultura Antigo Instituto en Xixón

O seminario serviu como foro para o encontro e coñecemento de diferentes entidades e organizacións alemás e do Estado español a fin de planear colaboracións futuras para o envío e recepción de alumnado xove en situación de desvantaxe en programas de mobilidade.

Ler máis...

I Salón da Oferta de Educación e Formación

O EDUGAL, o salón da oferta de educación e formación, tivo lugar no Recinto Feiral de Pontevedra entre o 12 e o 14 de abril de 2012.

A forGA participou no EDUGAL, salón de oferta da educación e formación, cun posto de información e realizando varias colaboracións nos diversos obradoiros, mesas redondas e coloquios.

Ler máis...

I Xornada Formación para o Emprego 2011

Ao redor de 170 persoas participaron nesta xornada.

A forGA (Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza) e a Secretaría Confederal de Formación da CIG (Confederación Intersindical Galega) organizaron en Vigo, o día 21 de outubro de 2011, a 1ª Xornada de formación para o emprego, cunha grande asistenza de público.

Ler máis...

II Xornada Formación para o Emprego da FGFT

Xornadas de Difusión das Accións de Apoio e Acompañamento á Formación 2010

A forGA participou activamente nestas xornadas ofrecendo información e asesoramento a través do seu stand, ademais de asistir como entidade impartidora ás conferencias organizadas para a difusión de información relacionada coa formación para o emprego.

Ler máis...

XIII Congreso Internacional de Galiza e Norte de Portugal de Formación para o Traballo

Mobilidade, formación, orientación e emprego no ámbito transfronteirizo.

A mobilidade dos traballadores e traballadoras transfronteirizos de Galicia a Portugal e viceversa pasou de ser unha realidade ilegal e agachada a avanzar na perspectiva de converterse nunha legalidade normalizada e visíbel, na que emerxen necesidades compartidas, entre as que a formación e a orientación xurden como estratexias de primeiro orde para a normalización da mobilidade no emprego.

Ler máis...

Xornadas de Inserción e Formación Ocupacional

A Formación, o camiño do traballo.

Estas xornadas estiveron enmarcadas no Proxecto de Inserción Sociolaboral Auria Inserta, cofinanciado polo Concello de Ourense e o Fondo Social Europeo, por medio do Ministerio de Política Territorial e Administración Pública. O obxectivo fundamental foi dar a coñecer o sistema de formación actual e o procedemento para a obtención dos certificados de profesionalidade.

Ler máis...