Vigo:  986 28 07 76    986 28 09 31 Compostela:  981 93 94 34   forga@forga.org contacto
  • Comisión de Igualdade

Publicadas as LISTAXES PROVISIONAIS de persoas admitidas na convocatoria de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

Veñen de ser publicadas as LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS - EXCLUÍDAS E PREFERENTES na convocatoria de acreditación de competencias adquiridas a través da experiencia laboral ou vías non formais de formación, correspondente á ORDE do 29 de decembro de 2015 pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais  (https://forga.gal/ollar/nova-convocatoria-acreditacion-de-competencias-a-traves-da-experiencia-profesional-e-formacion-non-formal.html).

Consulta a continuación toda a información:

Listaxes publicadas:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
  • Confección e mantemento de artes e aparellos.
  • Servizos para o control de pragas.
  • Xestión de servizos para o control de organismos nocivos.
  • Socorrismo en instalacións acuáticas.
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais.

Todas as persoas poden presentar a documentación que consideren necesaria para enmendar os defectos ou as causas de exclusión. PRAZO ATA O 18 DE ABRIL DE 2016 (incluído).

A documentación para estas correcións deberá remitirse ao:

Instituto Galego das Cualificacións

Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, Consellería de Economía, Emprego e Industria
Edificio Administrativo San Lázaro S/N
15781- Santiago de Compostela

A documentación poderá presentarse:

  • No rexistro da Consellería de Economía, Emprego e Industria
  • Calquera oficina de rexistro da Xunta de Galicia ou Portelo Único
  • Calquera das formas establecidas no artigo 38º da Lei 30/1992

Teléfonos de Consultas: 981546851 – 981546850 - 981546854

Pódense consultar as listaxes na ligazón

http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional

voltar