Vigo:  986 28 07 76    986 28 09 31 Compostela:  981 93 94 34   forga@forga.org contacto
  • Comisión de Igualdade

Comisión de Igualdade da forGA

A Comisión de Igualdade é a estrutura competente para desenvolver o compromiso que desde a FUNDACIÓN PARA A ORIENTACION PROFESIONAL, A INVESTIGACION E O DESENVOLVEMENTO TECNOLOXICO, O EMPREGO E A FORMACION EN GALIZA (forGA) se asumiu.

Dende o 26 de decembro de 2011 está constituída a Comisión de Igualdade da forGA, cuxo obxectivo principal é a introdución progresiva da perspectiva de xénero na Fundación e polo tanto, o desenvolvemento de políticas de igualdade. É ademais o organismo que está a realizar a diagnose, planificación, supervisión e avaliación sobre as medidas e accións concretas que se inclúan no Plan de Igualdade de Oportunidades.

 

Composta por unha representación da parte sindical e da propia entidade, as persoas electas para os tres anos de vixencia desta comisión foron:

  • Presidenta: María Erundina Louro Justo
  • Vicepresidenta: Mercedes García Matos
  • Secretario: Xan Colazo Pazó
  • Vogais: Carme María Rivas Lois, María Xosé Rodríguez Pardo e Natalia Barro Rochela. 

O primeiro e máis relevante traballo acadado pola Comisión de igualdade da forGA foi a redacción e posta en marcha dun Plano de Igualdade de Oportunidades na Fundación, que estará en funcionamento ata o 2014. O Plano concíbese como unha ferramenta imprescindíbel para guiar todas as actuacións encamiñadas a avanzar nunha igualdade real entre mulleres e homes no ámbito laboral de forGA. Para acadar isto, no Plano daráselle especial relevancia á igualdade de trato e de oportunidades e a detección da discriminación directa e indirecta tanto na selección, promoción, condicións de traballo e emprego, saúde laboral e conciliación, así como a sensibilización sobre a violencia de xénero e o fomento do uso coidado da imaxe e dunha linguaxe non sexista.

Os primeiros pasos para deseñar este Plano de Igualdade de Oportunidades foi enviar unha enquisa a todo o persoal de estrutura de forGA que permitiu valorar as necesidades de formación en igualdade que temos, para logo poder desenvolver as accións formativas máis acaídas para abordar esta materia.

Para o desenvolvemento de accións desde unha perspectiva técnica contouse co asesoramento, axuda e colaboración da Secretaria de Estado de Igualdade e de Avalia Grupo de Coordinación, S.L.

Se tes algunha suxestión, reivindicación ou precisas algunha información ao respecto contacta por medio do seguinte E-mail:

comisiondeigualdade@forga.org.

voltar