Vigo:  986 28 07 76    986 28 09 31 Compostela:  981 93 94 34   forga@forga.org contacto
  • Comisión de Igualdade

Informes e Estudos

Informes emitidos pola forGA.

Distribución de recursos 2009-2011 complementares

Evolución das subvencións a centrais sindicais e patronal no período 2009 a 2011. Subvencións non dependentes dos resultados das eleccións sindicais como AFD e Contratos Programa).

Ler máis...

Inserimento laboral 2011 AFD

Unha vez rematada a formación teórico-práctica, realizouse un proceso de seguimento da inserción laboral do alumnado participante en cada acción formativa. O proceso de análise concluíu cunha porcentaxe de inserimento do 28,60% do alumnado participante.

Ler máis...

Informe verbo do borrador da Extratexia Española de Emprego 2012-2014

O presente informe emítese para analizar o Borrador da Estratexia de Emprego 2012-2014 de data 23 de setembro de 2011. Faise un resumo xeral do contido do documento presentado. Posteriormente pásase a facer unha análise dende unha perspectiva que interesa tanto á forGA, dende o punto de vista das consecuencias na formación, como a nivel máis xeral á CIG.

Ler máis...

Informes emitidos pola CIG.

O Mercado de traballo en Galiza (Ano 2014)

Antes de analizar as distintas variables a través das que estudamos o mercado de traballo; indicar que no ano 2014 produciuse o cambio de base da poboación na Enquisa de Poboación Activa ( en adiante EPA); que consistiu na incorporación e actualización das novas series de poboación e fogares derivadas do Censo de poboación e vivendas de 2011, que substitúen ás que se viñan utilizando ata agora e que se baseaban no censo de 2001.

Ler máis...

Paro rexistrado e afiliación á Seguridade Social no 2014

O  paro rexistrado, que abrangue a tódalas persoas que non dispoñen dun traballo e están anotadas nas oficinas do Servizo Público de Emprego ( en adiante SEPE) a procura do mesmo,  acadou a finais do ano 2014 as 251.918 persoas en Galicia.

Ler máis...

A desigualdade laboral en Galiza 2013

En termos estritamente laborais, a crise primeiro deixouse sentir no emprego a través da redución da poboación ocupada e aumento do desemprego. Logo, nos salarios: modificación das condicións salariais, aumento das xornadas a tempo parcial en detrimento das de xornada completa,entrada no mercado de traballo de asalariados/as con remuneracións inferiores ás dos seus homólogos... Sexa unha ou outra razón, a realidade é que a clase traballadora perdeu parte dos seus ingresos.

Ler máis...

A actividade económica no 2013

Non so o PIB sufriu un novo retroceso, senón que este foi superior ó estimado para o ano 2012; rematou 2013 en Galicia cunha caída da actividade do 1,1% con respecto ó ano anterior, cando en 2012 o PIB retrocedera un 0,9%; é certo que nos dous últimos trimestres do ano non houbo caída ( medrou un 0,1%), pero os datos non dan para o optimismo.

Ler máis...

A muller no mercado laboral 2013

A perda de emprego, ou o incremento do paro, é o efecto máis visíbel da crise que estamos padecendo desde o ano 2008, e tamén no último ano 2013, obxecto deste análise. Porén, os seus “efectos colaterais” van moito máis alá, afectando á estrutura do mercado laboral e da sociedade en xeral, “deterioráronse” tanto as condición laborais como os dereitos que as regulan. Fóra do estritamente laboral, a redución da maioría dos servizos sociais (dependencia, infancia, bolsas de estudo, comedores...) están a levarnos a unha deterioración das condicións de vida da maioría da clase traballadora alarmante, deterioración na cal as mulleres saen dobremente prexudicadas.

Ler máis...

Estudo da situación na Galiza da prevención dos riscos laborais nos talleres de reparación de chapa e pintura de vehículos automóbiles

Dende a Federación do Metal da CIG, decidiuse realizar este traballo co gallo de coñecer de primeira man cómo as empresas galegas dedicadas á REPARACIÓN DE CHAPA E PINTURA DE VEHÍCULOS AUTOMÓBILES, están a realizar as tarefas dos diferentes postos de traballo.

Ler máis...

Informe sobre a lei 27/2011. Xubilación ordinaria, anticipada e parcial

Como é sabido, a Lei 27/2011 modificou o réxime da xubilación ordinaria, anticipada e parcial, endurecendo os requisitos para acceder a cada unha das modalidades citadas a partir do 1 de xaneiro do ano 2013.

Ler máis...

Avaliación Urxente sobre o RDL 4-2013, de 22 de febreiro de 2013

O Goberno español vén de aprobar o Real Decreto-Lei 4/2013, de 22 de febreiro, de medidas de apoio ao emprendedor/a e de estímulo do crecemento e da creación do emprego.

Ler máis...

Prestacións por desemprego 2012

Dende que no ano 2008 se comezou a destruír emprego, son moitos os miles de traballadores e traballadoras que pasaron a engrosar as listas do desemprego en Galiza, concretamente dende o ano 2007, constan aproximadamente 120.000 persoas máis.

Ler máis...

O Mercado de traballo en Galiza (Ano 2012)

Dende que no ano 2008 se instalou a crise na nosa comunidade, van catro anos de perda continua de postos de traballo, incremento do desemprego, cada vez máis fogares sen ingresos....

Ler máis...

Análise do Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2013

Inmersos nunha profunda crise dende fai catro anos e sen sinais de recuperación, o goberno do estado presenta un proxcto de orzamentos, novamente restritivo, que coidamos vai afondar aínda máis na xa precaria situación da nosa economía.

Ler máis...

Unha alternativa galega á reforma do sistema financeiro español

A necesidade de redefinir o sistema financeiro galego e a creación dunha banca pública. Este estudo foi realizado polo grupo ICEDE (USC) dirixido por Xavier Vence (catedrático de economía aplicada da USC) e realizado coa colaboración de Brais Yáñez (investigador) e Jorge Fernández Montoto (investigador, becario da Fundación da USC).

Ler máis...

Proxecto de orzamentos xerais do estado para o 2012

Inmersos nuha situación de crise, da cal non se perciben signos de recuperación, atopámonos cuns orzamentos do estado novamente restrictivos, que coidamos que van contribuír a fondar aínda máis na mesma, e o mesmo tempo difucultan a longo prazo o futuro económico deste país.

Ler máis...

Informes varios.

Estatísticas sobre Expedientes de Regulación de Emprego en Galiza 2010-2011

As fontes de información desta estatística son os expedientes de regulación de emprego resoltos nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar e na Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Ler máis...

Comparativa de Experientes de Regulación de Emprego en Galiza. Xaneiro 2010 - agosto 2011.

As fontes de información desta estatística son os expedientes de regulación de emprego resoltos en primeira instancia, e dicir, non se inclúen os espedientes resoltos por recurso de alzada, dos Departamentos Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar e na Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Ler máis...

Media mensual de beneficiarios/as do PRODI

Táboa de medias mensuais de beneficiarios e beneficiarias do PRODI por municipios e sexo, agrupados por provincias galegas.

Ler máis...