CURSO PREPARATORIO OPE

Servizo Prevención de Incendios Forestais

Modalidade: Aula virtual (telemática)

forGA e CIG abren o prazo para todas as persoas interesadas no curso preparatorio de oposicións SPIF.

As oposicións celebraranse previsiblemente en decembro do 2025.

Se estás interesado/a en preparar a oposición de persoal laboral do SPIF ponte en contacto cos/coas delegados/as sindicais da CIG da túa provincia ou nos seguintes enderezos indicando a túa categoría.

Se precisas información adicional podes contactar nos seguintes enderezos: susagavin@gmail.com / forga@forga.gal / Teléfono: 981 939 434

Categoría Mes de Convocatoria Prazas Data 1º Exercicio
III.100 Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada Maio 71 14/12/2025
V.14 Bombeiro/a forestal Maio 181 14/12/2025
V.14a Bombeiro/a forestal condutor/a Maio 75 14/12/2025

CARACTERÍSTICAS
  • Toda a formación impartirase na modalidade Aula virtual.
  • Para o bo aproveitamento dos cursos é conveniente estar previamente familiarizado co manexo básico dun ordenador e dispoñer de conexión a internet.
  • As datas e prezos da formación estableceranse en función do número de persoas interesadas.
  • Só se iniciaran os grupos que conten co número suficiente de persoas inscritas.

forGA