MANIPULADOR/A DE ALIMENTOS

Curso dirixido a persoas traballadoras e desempregadas

Temario elaborado segundo RD 109/2010

Certificado individual de acreditación solicitado polas autoridades sanitarias, válido para calqueira actividade onde se manipulen alimentos

Prezo: 12€

Modalidade: Teleformación | Horas: 10h | Días: 7

SOLICITA XA A TÚA PRAZA
O QUE DEBES SABER DA FORMACIÓN DE MANIPULADOR/A DE ALIMENTOS

O obxectivo xeral deste curso é facilitar o coñecemento das normas de hixiene alimentaria no traballo cotián de todas aquelas persoas que pola súa actividade laboral teñan contacto directo ou indirecto cos alimentos durante a súa preparación, fabricacion, transformación, elaboración, envasado, almacenamento, transporte, venda, suministro e servizo.

PROGRAMA DO CURSO
  • MÓDULO I PERIGOS ALIMENTARIOS E MEDIDAS PREVENTIVAS PARA O SEU CONTROL 2h
  • MODULO II ENFERMIDADES DE ORIXE ALIMENTARIA E MEDIDAS PARA A SÚA PREVENCIÓN 2h
  • MODULO III PRÁCTICAS CORRECTAS DE HIXIENE NA MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS 2h
  • MODULO IV NORMAS DE HIXIENE PERSOAL 1h
  • MODULO V COÑECEMENTOS DE ANÁLISES DE PERIGOS E PUNTOS DE CONTROL CRÍTICOS 2h
  • MÓDULO VI LEXISLACIÓN ALIMENTARIA APLICABLE 1h
NORMATIVA E CERTIFICACIÓN

A partires do 26 de agosto de 2003, coa entrada en vigor do Decreto 290/2003, desaparece o documento "carné de manipulador" (emitido pola Consellería de Sanitade), pero non desaparece a necesidade e a obriga da formación e hixiene dos alimentos. Actualmente, expidese o certificado individual de acreditación, por parte da empresa ou dun centro de formación.

Segundo a normativa Europea e Nacional, nos Regulamento (CE) 852/2004 e 882/2004 e Real decreto 109/2010, do 5 de febreiro, e Nacional, tódolos/as manipuladores/as de alimentos teñen que posuír formación en Hixiene Alimentaria. Polo tanto, se existe contacto directo co alimento, tes que posuír dita formación.

Se obtiveches o carné antes do 2013, recoméndase a renovación do mesmo. As empresas teñen a obriga de asegurar a correcta formación dos seus traballadores. Para renovalo tes que seguir os mesmos pasos que se o obtiveras por primeira vez.

Este certificado é válido se na túa actividad laboral entras en contacto con produtos destinados á alimentación, sexa cal sexa a fase: preparación, transformación, elaboración, fabricación, envasado, almacenamento, transporte, distribución, venda, suministro e servizo.

CARACTERÍSTICAS
  • Toda a formación impartirase na modalidade de teleformación.

  • O prezo é de 12 €.

  • Para o bo aproveitamento dos cursos é conveniente estar previamente familiarizado co manexo básico dun ordenador.

  • Requisitos técnicos:

    • Ordenador de sobremesa, portátil ou dispositivo móbil
    • Acceso a internet e navegador web actualizado
PROCEDEMENTO

A continuación, indícase como proceder para facer efectiva a matrícula do curso:

  1. Cubrir e enviar o formulario de solicitude de praza.
  2. Antes do comezo do curso, recibirás un correo de confirmación cos datos de pagamento (número de conta e importe) e pasos a seguir.
  3. Unha vez feito o pagamento do importe da matrícula correspondente, enviarase un correo electrónico cos datos de acceso do curso.
FORMULARIO DE SOLICITUDE DE PRAZA

Prezo: 12 €


Información Básica sobre Protección de Datos
Responsable: Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza (forGA)
Finalidade: Comunicacións e xestións propias da condición de solicitante praza e/ou alumna/o dos cursos ofertados
Lexitimación: Consentimento da/o interesada/o
Destinatarias/os: Non se cederan datos a terceiras/os.
Dereitos: Acceso, rectificar e suprimir os datos, así coma outros dereitos, como se explica e detalla na información adicional.
Información adicional: Pode acceder os formularios para exercer os seus dereitos así como consultar a información adicional e detallada sobre a política de protección de datos na seguinte URL da nosa web: https://forga.gal/politica-proteccion-de-datos.html