Formación obrigatoria en Gases Fluorados
Tecnoloxías Alternativas para Substituir ou Reducir Gases Fluorados de Efecto Invernadoiro e a Maneira Segura de Manipulalos.
Se o teu carné é anterior a Febreiro de 2017, debes realizar este curso para mantelo en vigor.
Formación presencial. 6 horas de duración. Prezo: 100€
forGA conta con centros acreditados pola Consellería de industria para a impartición de formación en gases fluorados.
Consúltanos: 986 76 10 10 / 981 93 94 34

- Toda a formación impartirase na modalidade PRESENCIAL (nos centros forGA que conten cun número mínimo de solicitudes).
- En función das solicitudes recibidas conformaranse o número de grupos e as datas concretas da formación.
- Só se iniciaran os grupos que conten co número suficiente de persoas inscritas.
- O prezo é de 100€, a pagar só no caso de ser seleccionada/o.
A continuación, indícase como proceder para facer efectiva a matrícula do curso:
- 1. Cubrir e enviar o formulario de solicitude de praza.
- 2. Coas solicitudes recibidas abrimos un proceso de selección e formación dos grupos en función das prazas dispoñibles.
- 3. Se resultas seleccionada/o recibirás un correo de confirmación cos datos de pagamento, data do curso e pasos a seguir.
- 4. Unha vez feito o pagamento do importe da matrícula correspondente, poderás asistir á formación presencial na data e lugar indicados na confirmación.