CURSO DE OPERADOR/A DE CARRETILLAS ELEVADORAS 8h

Curso dirixido a persoas en activo, ERTE ou desempregadas

MODALIDADE PRESENCIAL. 28 xaneiro 2023

forGA - Polígono Industrial Novo Milladoiro Rúa Palmeiras 21A - 15895
Ames (A Coruña)
Máis información: 981 93 94 34 - dt.centro@forga.gal

Pácticas con: Carretilla elevadora e/ou retráctil


Prezo

80 €

Prezo Afiliadas/os CIG

70 €


Formación Manipulación alimentos

O QUE DEBES SABER DA FORMACIÓN DE OPERADOR/A DE CARRETILLAS ELEVADORAS

As empresas demandan persoal que acredite o nivel de coñecementos preciso para a manipulación de cargas con carretillas elevadoras con seguridade, non obstante, como se recolle no documento de profesións reguladas publicado pola Xunta de Galicia, actualmente non existe unha normativa que esixa ter un carné profesional para manipular este tipo de aparellos.

No ano 2012 publicouse a UNE 58451:2012 (actualizada no 2014 e 2016) de formación das/os operadoras/es de carretillas de manutención de até 10.000kg.

As normas UNE non son normas de obrigado cumprimento a non ser que a administración competente as faga obrigatorias por lei, decreto ou regulamento.

En ausencia de normativas legais específicas, pódense ter en conta as normas técnicas emitidas por organismos de normalización. Os contidos do curso toman como referencia, só a título orientativo, as indicacións da Norma UNE 58451:2016 de formación das/os operadoras/es de carretillas de manutención de até 10.000kg.

CARACTERÍSTICAS
  • Toda a formación impartirase na modalidade PRESENCIAL forGA - Polígono Industrial Novo Milladoiro Rúa Palmeiras 21A - 15895 Ames (A Coruña).
  • En función das solicitudes recibidas conformaranse o número de grupos e as datas concretas da formación.
  • Só se iniciaran os grupos que conten co número suficiente de persoas inscritas.
  • O prezo é de 80€ para non afiliadas/os CIG e de 70€ para afiliadas/os CIG, a pagar só no caso de ser seleccionada/o.

PROCEDEMENTO

A continuación, indícase como proceder para facer efectiva a matrícula do curso:

  • 1. Cubrir e enviar o formulario de solicitude de praza.
  • 2. Coas solicitudes recibidas abrimos un proceso de selección e formación dos grupos en función das prazas dispoñibles.
  • 3. Se resultas seleccionada/o recibirás un correo de confirmación cos datos de pagamento, data do curso e pasos a seguir.
  • 4. Unha vez feito o pagamento do importe da matrícula correspondente, poderás asistir á formación presencial na data e lugar indicados na confirmación.

FORMULARIO SOLICITUDE DE PRAZA

Prezo: 80€ (70€ afiliadas/os CIG).
forGA - Polígono Industrial Novo Milladoiro Rúa Palmeiras 21A - 15895 Ames (A Coruña)

En función das solicitudes recibidas formaranse o número grupos e a data concreta do curso.


Información Básica sobre Protección de Datos
Responsable: Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza (forGA)
Finalidade: Comunicacións e xestións propias da condición de solicitante praza e/ou alumna/o dos cursos ofertados
Lexitimación: Consentimento da/o interesada/o
Destinatarias/os: Non se cederan datos a terceiras/os.
Para aplicar o desconto de afiliación CIG será preciso verificar a condición de afiliada/o coa Confederación Intersindical Galega.
Dereitos: Acceso, rectificar e suprimir os datos, así coma outros dereitos, como se explica e detalla na información adicional.
Información adicional: Pode acceder os formularios para exercer os seus dereitos así como consultar a información adicional e detallada sobre a política de protección de datos na seguinte URL da nosa web: https://forga.gal/politica-proteccion-de-datos.html

forGA